barraceipmenen


 

 

 

 

INFORMACIÓN DE INTERÉS CURSO 2020 - 2021

De cara ao inicio de curso e ao longo do mesmo aquí poderán atopar toda a información de interese.
PREGAMOS QUE CONSULTEN REGULARMENTE ESTA PÁXINA PARA MANTERSE INFORMADOS. Teñan en conta que as comunicacións escritas deben pasar corentena  e que a información individual telefónica ou por correo electronico  e inviable pora informar a todas as familias de aspectos xerais e comúns.

 

INFORMACIÓN sobre entradas e saídas do centro, titorias,recreos, protocolo diante de abrochos ( brotes), protocolos de centro e da Xunta, Plan de Continxencia,... PREME AQUÍ

01/09/2020

Presentación alumnos de infantil e primaria días 10 e 11 de setembro de 2020 ( ver PDF)

01/09/2020

Calendario escolar curso 2020-2021( ver PDF)

20 / 08/ 2020

O novo curso que vamos a iniciar o 10 de setembro estará cheo de novidades como consecuencia da aplicación do protocolo COVID 19. Na medida en que se nos acheguen instrucións ou as acorde o Centro serán publicadas nesta páxina que se converterá no principal medio de comunicación coas familias.
O día da presentación (informarase nesta páxina dos horarios e procedemento na presentación do 10 de setembro) entregarase a cada alumno un pequeno dosier en papel no que se informará do material que precisara o alumno para o traballo individual na aula, horario de clase,  libros de préstamo de  3º etc...
Nesta páxina informarase dos aspectos organizativos e de funcionamento. Así informarase de como se procederá nas entradas e saídas, a organización dos recreos e tránsitos polo centro, acceso ao centro fora do horario de entrada, solicitude e funcionamento das titorías,  a aula virtual ...
Como saben en xuño creouse unha nova unidade en primeiro de primaria ( 1º C) e no mes de xullo, dado que excedemos os 50 alumnos, comunicóusenos que se creaba  outra unidade en terceiro de primaria ( 3º C).

19 / 08/ 2020

NFORMACIÓN DE INTERÉS
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO PARA EDUCACIÓN INFANTIL.
Presentación de solicitudes ata o 7 de setembro DE 2020 no rexistro xeral do Concello de Lugo.

19 / 08/ 2020

INICIO CURSO ESCOLAR 2020.2021
Para informarse do inicio do curso, presentación de alumnos o día 10 de setembro, protocolo con instrucións para entradas, saídas, recreos, titorías, etc.. créase na páxina de inicio da páxina web do centro un enlace no que se irá subindo toda a información de interese para alumnos e familias

Vémonos en setembro!!
Disfrutade dos últimos días de vacacións e SENTIDIÑO!!

CURSO 20-21

01/ 08/ 2020

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

volver