xefa estudos

Dª Isabel García López

 

 

¡Ola!:

O tempo que aproveito para saudar a profesores, pais e alumnos do centro quero recordar algunhas obrigas básicas que todos debemos cumplir para acadar un mellor funcionamento do noso centro escolar.

É necesario que todos sexamos puntuais, tamén debemos cumplir coa obriga de comunicar calquer retraso ou falta de asistencia que se produza, avisando, polo medio de que se dispoña, (persoalmente, unha nota asinada, por teléfono...), ó profesor/a titor/a ou ó xefe de estudios segundo proceda.

Recordar que ningún alumno pode ausentarse en horario lectivo do centro sen a debida autorización, ós nenos deberán recollelos os pais/nais, titor/a legal ou persoa debidamente autorizada, que asinará a xustificación de tal ausencia, no impreso que a estes efectos se lle proporcionará e que tamén pode imprimir entrando no tablón de anuncios desta Web.

Os alumnos/as de primaria, non esquézade-la responsabilidade que contraíchedes ó recibi-los libros de texto en calidade de préstamo. Procurade coidalos moi ben porque teñen que servir para outros/as compañeiros/as nos próximos cursos.