barraceipmenen


 

 

 

 

ASISTENCIA E PUNTUALIDADE:

O primeiro deber dun alumno/a é asistir á clase con puntualidade e cumprir e respecta-los horarios.

Calquera falta de asistencia debe ser comunicada ó/á profesor/a - titor/a o antes posible por calquera medio que teña ó alcance (persoalmente, por teléfono, unha nota asinada...) e xustificada mediante a cumprimentación do correspondente impreso (ver modelo que se inclúe no tablón de anuncios desta páxina web).

O/a alumno/a só poderá abandona-lo Centro en horario escolar co permiso do director, profesor titor/a ou profesor/a de materia nese momento e sempre acompañado do pai/nai ou persoa expresa e debidamente autorizada por eles, logo de asina-la solicitude de ausencia no correspondente impreso. (Ver modelo que se inclúe no tablón de anuncios desta páxina web ).