Lugo. Breve reseña histórica

                                                                          


Lugo: visto dende o ceo

    Sobre a situación xeográfica de Lugo decía Francisco Fernández del Riego que: " Entrase nela logo de pasar o Miño.Lugo está situado nun encimado do terreo. Defenden a cidade as antigas murallas, que veñen a ser unha das sete marabillas de Galicia ".

.


Lugo, a cidade máis antiga de Galicia, foi fundada en tempos de Augusto por un tal Paulo Fabio Máximo aló polos anos 14 - 13 antes de Cristo. Así foi como a cidade se converteu en capital do Convento Xurídico Lucense no que se integraba a Gallaecia norte.

Praza Maior e Concello

  Vista do ábside da Catedral

O esplendor do Lugo romano escomenza a esmorecer a noite de Pascua do ano 460 cando os Suevos, despois de matar ó gobernador, fanse có control da cidade. Baixo o dominio dos Suevos , Lugo continuou  xogando un importante papel como centro  relixioso, sendo incluso sede de concilios. No  ano 585 a dominación sueva deixaría paso a  dos Visigodos.
 A principios do século VIII a cidade foi  asaltada polas tropas musulmáns de Muza,  aínda que por pouco tempo, xa que no 740  Alfonso I reconquistouna ordenando o  bispo Odoario a súa repoboación.     Os ataques musulmáns repetiranse no ano 997 coa chegada de Almanzor.
 Anos despois a cidade sufriu varios intentos independentistas contra a monarquía astur , como o protagonizado polo conde Oveco.
 A principios do século XV prodúcese a Revolta de María Castaña enmarcada dentro das loitas comunais contra o poder eclesiástico.
A entrada na Idade Moderna ven acompañada dunha longa recesión e unha plácida calma social que se romperá en escasas ocasións.


Muralla de Lugo

 O século XIX escomenza coa invasión francesa, no contexto da Guerra da Independencia, librándose a batalla das Gándaras de Piñeiro.Os lugueses o mando do xeneral Taboada perseguiron os franceses ata a mesma porta de San Pedro.
 En plena Guerra Carlista Lugo é testigo durante anos dunha morea de execucións. Cecais a última fora a de Bullán aló polo mes de marzo do 1937 cando a súa cabeza foi exposta publicamente durante días.
Xa no século XX unha Guerra Civil e unha longa dictadura alongan un lento esmorecer por illamento. Terá que ser coa democracia cando Lugo , paseniñamente, escomenza a espertar..

.

.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.