Muralla de Lugo

A Muralla de Lugo constrúese entre os anos 260 e 310 da nosa era. A súa construcción é froito da política de Roma de fortificar as cidades máis importantes dada a presión que exercían os pobos bárbaros sobre as fronteiras setentrionais do Imperio Romano.
Dende entón ata hoxe a Muralla de Lugo sofre destruccións parciais, remodelacións e varias reconstruccións. A pesar de todas estas feridas conseguiu manterse en pé sendo a única de Europa que conserva íntegro o seu perímetro de 2220 metros, sendo o seu adarve totalmente transitable. Na actualidade é utilizada polos lucenses como zona de esparcimento e para a practica de deporte.

Adarve da muralla


A técnica de construcción basease nun aparello   interior de cascallos, cal e area amalgamados entre   dous lenzos de pizarra ou bloques de granito   reaproveitados.
  A muralla debeu contar nos seus orixines con 85   cubos aínda que hoxe só se albiscan vestixios   dunhos   80. Os que faltan foron derrubados   para encaixar   algunha das actuais portas ou   desapareceron en   remodelacións levadas a termo no século XIX.  No tramo da muralla que vai dende a Porta Miña a Porta de Santiago ou do Pexigo os cubos atópanse moi rebaixados, case planos, debido a unha iniciativa do Cabildo Catedralicio que coidaba demasiado estreito o paso dende a igrexa do Carme, en estramuros, ata a Catedral. A obra foi realizada de balde por un constructor a cambio da pedra sobrante.
Ningún dos cubos da muralla sobrepasa a liña do adarve, salvo o da Mosqueira que mantén dúas das súas fiestras.
Os gravados do século XVIII amosan unha faciana da muralla ben distinta. As torres situadas nos cubos tiñas dúas ou tres plantas por riba da liña do adarve, formadas por ringleiras de fiestras curvas superpostas.
Aínda que é de supoñer que en orixe a muralla só tivese catro portas, na actualidade conta con dez consecuencia probablemente da necesidade de comunicar a cidade de intra e de extramuros. As catro portas que presumiblemente son romanas denomínanse: Porta Miña, Porta do Postigo ou Pexigo, Porta Falsa e Porta Nova.

Para acceder a muralla empréganse cinco escaleiras e unha rampla situadas perto das portas.Ningún destes accesos son de orixe romana. As orixinais era moitisimas máis, estaban encaixadas no adarve e escomenzaban a unha altura considerable pola parte  interior da muralla. Este feito fai supoñer que se accedía a elas por escadas ou ramplas de terra; estas primitivas escaleiras,algunhas pódense ver paseando  polo    adarve, despois de varios chanzos bifurcábase en dúas caixas simétricas e contrapostas que chegaban ata o adarve.

mosqueira
A Mosqueira

A última gran ameaza que tivo a muralla produciuse en 1919 cando xurdiu unha importante disputa cidadá sobre si se debía derrubar a parte da muralla próxima a rúa Castelar, ofrecéndose rapidamente varios constructores a derrubar a totalidade da construcción en cinco anos, a fin de acadar terreos para a construcción. Houbo amplos debates entre "muralladófilos" defensores do monumento e "muralladófobos" para os que a muralla era un cinto que oprimía a Lugo. Afortunadamente gañaron os primeiros que escomenzaron, xa en plena polémica, a facer xestións conducentes a que en 1921 a Muralla de Lugo fose declarada Monumento Nacional.
Esta magna construcción militar recibiu no ano 2001 o recoñecemento que se merece sendo declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

       

.

.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

.