30 DE XANEIRO:CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 2006

 

DÍA DA PAZ

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

POEMA PARA A PAZ

Penso na Paz cando se fala dela.

Soño coa Paz porque é bela.

Teño morriña da Paz cando discuto con ela.

Falo de Paz porque me interesa.

 

Propoño a Paz cuando hai guerra.

Esixo a Paz porque alguen non sabe dela.

Espero a Paz para que non comence a guerra.

Digo Paz porque sempre reina.

Lorenzo Rossi, alumno de 5º

CEIP Artemi Semidán.  Gran Canaria

 

  Poema de Benedetti:

Para matar o home da paz
para golpear a súa fronte limpa de pesadelos
tiveron que converterse en pesadelo,
para vencer o home da paz
tiveron que congregar todos os odios
e ademais os avións e os tanques,
para bater o home da paz
tiveron que bombardealo facelo lapa,
porque o home da paz era unha fortaleza
Para matar o home da paz
tiveron que desatar a guerra turbia,
para vencer o home da paz
e acalar a súa voz modesta e taladrante
tiveron que empurrar o terror ata o abismo
e matar mais para seguir matando,
para bater o home da paz
tiveron que asasinalo moitas veces
porque o home da paz era unha fortaleza,
Para matar o home da paz
tiveron que imaxinar que era unha tropa,
unha armada, unha hueste, unha brigada,
tiveron que crer que era outro exercito,
pero o home da paz era tan só un pobo
e tiña nas súas mans un fusil e un mandato
e eran necesarios mais tanques mais rancores
mais bombas mais avións mais oprobios
porque o home da paz era unha fortaleza
Para matar o home da paz
para golpear a súa fronte limpa de pesadelos
tiveron que converterse en pesadelo,
para vencer o home da paz
tiveron que afiliarse sempre á morte
matar e matar mais para seguir matando
e condenarse á blindada soidade,
para matar o home que era un pobo
tiveron que quedar sen o pobo.