Día das Letras Galegas 2014 adicado a :

diaz castro

Xosé María Díaz Castro

Guitiriz

1914- 1989

O poeta da xeración mindoniense.


O poeta Xosé María Díaz Castro, nado en Guitiriz (Lugo) en 1914. Este escritor, autor dunha soa obra -Nimbos, en 1961- e enmarcado na chamada xeración mindoniense coma Álvaro Cunqueiro, Iglesia Alvariño ou Noriega Varela, destacou polo seu compromiso coa cultura galega pese a vivir gran parte da súa vida en Madrid.
Díaz Castro, que protagonizará o Días das Letras Galegas no ano no que se cumpre o centenario do seu nacemento, foi o autor máis votado, seguido de Fiz Vergara Vilariño. Ricardo Carvalho Calero e Xosé Filgueira Valverde eran os outros candidatos que se barallaban.
A obra de Díaz Castro é breve. "É autor de Nimbos e de pouco máis dunha media ducia de poemas dispersos, pero a brevidade non é un argumento en contra para ser recoñecido. Foi unha figura moi importante para outros escritores", sinalou o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, quen quiso facer unha comparación a modo de exemplo: "Se fose polo número de obras non se podería valorar a San Juan de la Cruz".
Alonso Montero recoñeceu que Nimbos non tivo "moito éxito de público en 1961", ano no que se publicou. "Era unha época na que apenas había lectores en galego e demandábase outro tipo de poesía máis social", engadiu. Agora, sen embargo, a RAG considera que Nimbos é un dos cumes da poesía galega moderna.
Dentro de este libro sobresae o poema Penélope, pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico. "Para algunhas persoas é o mellor poema en galego", sinala Alonso Montero, quen resalta que nel se pode ver como Díaz Castro era un poeta "patriótico aínda que non no sentido panfletario". Penélope foi traducida ao francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e tamén faise referencia a él na revista alemana Humboldt.
Alonso Montero resalta a capacidade "políglota" de Díaz Castro, un autor "que vén da cultura clásica" e que definiu como un poeta "telúrico máis que paisaxístico, patriótico aínda que non no sentido panfletario e relixioso porque a relixión é algo que él levaba dentro".
O poeta lucense ingresou no Seminario de Mondoñedo con 17 anos aínda que nunca chegou a ordearse coma sacerdote. Por iso, enmárcase na bautizada coma xeración mindoniense á que tamén pertenceron Álvaro Cunqueiro o Celso Emilio Ferreiro.
Pese a que desde 1948, cando se licenciou en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, o poeta non dubidaría en escribir en galego desde a capital española. "Francisco Fernández del Riego foi a persoa que impulsou que Díaz Castro se incorporase á literatura en galego ao incluílo no tomo IV da Escolma da poesía galega en 1955".
A asociación cultural Xermolos, de Guitiriz, conta cunha web e varias publicacións nas que se recolle a breve e dispersa obra deste poeta galego, que morreu en 1989, e que publicou diversos versos en distintas revistas ao longo da súa traxectoria profesional.

 



 

 

 

 

 

OBRAS


Nimbos

Poemas varios

POEMA

Coma brasas


Poeta eu non, eu cantarei as cousas
que na soleira de min mesmo agardan.
Alumarei con fachas de palabras,
ancho herdo meu, o mundo que me deron.


Eí están, coma brasa contra a noite,
as vellas cousas, cheas de destinos.
Ollos que piden, de famentos nenos.
Ollos que esperan, dunha adoescente.


¡Galiza en min, meu Deus, pan que me deron,
leite e centeo e soño e lus de aurora!
Longa rúa do mar, fogar da terra,
e esta crus que nos mide de alto a baixo.


Con este alento, eu lles darei ás cousas
o drama cheo que lles nega a vida:
dareilles rostos, para que se conozan,
palabras lles darei para que se entendan…