Día das Letras Galegas 2005 adicado a :

Xesús Manuel Lorenzo Varela

(1917-1978)

Considerado o bardo dos fastos populares

Xesús Manuel Lorenzo Varela , fillo de emigrantes galegos orixinarios de Monterroso, naceu a bordo dun barco á entrada do porto da Habana. Volto a Galicia antes do ano, estudia Bacharelato en Lugo e participa na fundación da FMG lucense con Ramón Piñeiro. En 1936 está en Madrid e ingresa no Partido Comunista. Comisario Político durante a guerra, chegou a mandar unha brigada da 11 División, baixo as ordes de Líster. Exílase primeiramente en México, e radícase en Buenos Aires no 42. Nesta cidade colabora en xornais arxentinos e traballa na colectividade galega en diversas empresas político-culturais. Volto do exilio en 1977, afincouse en Madrid, onde morreo.ó.ano.seguinte..
Publicou en galego Catro poemas para catro grabados (1944), Lonxe (1954), e postumamente Homaxes (1979). A brevísima obra poética galega de Lorenzo Varela (tenro, tremoroso, incendiado, no sempre exacto dicir de Méndez Ferrín) é dunha calidade extraordinaria. A súa temática funda-mental está na historia nacional revolucionaria da nosa Terra, cun tratamento nunca socialrealista senón lexendario e épico. Sérvese dun verso de rigorosa musicalidade, tanto se é aparentemente libre coma se é clásico, que logra provocar arrepíos de orgullo nacional no lector galego.


 

 

 

 

Poema: LUGO  

Na fonte de ferro,
no coiro dos bois
no espello do vento,
da navalla e da frol.
No recén da herba,
no lobo e no can,
nos ollos da meiga,
na pedra do lar.
No refaixo dela,
na ponte do alén,
no andar das ovellas,
no ar do mencer.
No cabalo quente,
no viño millor
no que non se perde .
no meu corazón.
Na noite senlleira,
no liño tecido,
na madeira tenra
dos vellos castiros.
Na vida, na morte, no amor e no ren,
loubareite, Lugo de aceiro e de mel.