A castaña é o froito do castiñeiro , árbore da familia das Fagáceas e de nome científico Castanea Sátiva.

O castiñeiro é unha árbore de crecemento relativamente lento moi abundante nas provincias de Lugo e Ourense e, en xeral, en todo o Norte de España.

Pensábase que procedía de Oriente pero recentes excavacións demostran que xa existía na Europa mediterránea e que foron os romanos quenes a introduciron polo resto de Europa .

Nutritiva e saborosa, do tamaño dunha noz, está cuberta dunha casca delgada pero resistente de color pardo oscuro.

Na árbore preséntase normalmente en grupos de tres rodeada dunha envoltura de espiños (o orizo). No outono este orizo cae ó chan e recóllense as castañas do seu interior, para alimenta-lo gando e para o consumo humano.

Na zona interior de Lugo consúmese asada (no forno, sobre a plancha ou no lume), cocida con leite, acompañando certas carnes, en caldo,...

Este froito presenta moitas cualidades gastronómicas pero ademáis resulta fácil de conservar, podendo empregarse despois de meses tras un simple secado. Tamén pode moerse e usarse como fariña, empaparse en azucre para obter un doce "marrón glacé", etc.

E moi importante tamén o seu uso na alimentación dos porcos, constituíndo un excelente alimento, que ademáis proporciona unha apreciable mellora á carne deste animal.