Lembrando a Marcelino Menéndez Pelayo no 150 aniversario do seu nacemento.

Biografía

Marcelino Menéndez Pelayo (Santander ,1856 - Santander,1912 ). Filólogo, historiador, bibliógrafo, polígrafo español, consagrado fundamentalmente á historia das ideas , a crítica e historia da literatura española e hispanoamericana e a filoloxía hispánica en xeral, aínda que tamén cultivou a poesía, a traducción e a filosofía.

De intelixencia superdotada e posuidor dunha portentosa memoria fotográfica (era capaz de recitar ó pe da letra un libro que acababa de ler) e dunha esperta intelixencia e capacidade de traballo que contribuíron os seus fondos análises da forma e o fondo da cultura española, deixouse levar nembargantes por un catolicismo algo fanático nos seus xuízos de valor, tendo en conta que o seu nacionalismo identificaba a raíz do español coa tradición católica e papista, pese o cal non negou, ocultou nin deixou de estudiar todo canto de pouco ortodoxo enxendrou a cultura española nin o seu valor intrínseco. Como poeta, nembargantes , amósase imbuído dun arcaico clasicismo que empacha demasiado o gusto moderno.

Estudiou na Universidade de Barcelona (1871-73) con Milá y Fontanals, na de Madrid (1873), onde unha arbitrariedade académica do catedrático Nicolás Salmerón , que o fixo repetir curso os seus alumnos sen habelos examinado, abríalle de incomodar a morte co Krausismo postkantiano e os hegelianos en xeral, e en Valladolid (1874), onde intima co que sería o seu gran amigo, o ultraconservador Gurmesindo Laverde , que o apartou do seu inicial liberalismo e dirixiuno hacia o partido conservador máis radical. Traballou nas bibliotecas de Portugal, Italia, Francia, Bélxica e Holanda (1876-77) e exerceu de catedrático da Universidade de Madrid (1878). Foi elixido membro da Real Academia Española (1880), deputado a Cortes (1884-92) e director da Real Academia de la Historia (1909). Antes de morrer volveu a seu inicial liberalismo, si ben ancorado en puntos de vista solidamente cristiáns, e corrixiu moitos dos seus primitivos xuízos desfavorables sobre Gaspar Núñez de Arce e Benito Pérez Galdós , que terminou por ser o seu amigo. Morreu na súa cidade natal, a cuio municipio legou a súa rica biblioteca particular.

Escribiu La ciencia española (1876), reivindicación da existencia dunha tradición científica en España. Horacio en España (1877) é un análise das traduccións de Horacio na literatura española, moi acorde cos gustos clasicistas do seu autor. E xustamente famosa a súa Historia dos heterodoxos españoles (1880-82), onde estudia e desmenuza a labor de tódolos pensadores e escritores perseguidos pola tradición católica española, dende o inflexible punto de vista do catolicismo, dende a Idade Media hasta finais do século XIX. Na súa segunda edición corrixiu algúns dos seus excesos neste sentido, pero non, por exemplo, os seus xocosos comentarios e ironías contra os krausistas e os hegelianos, en especial contra Emilio Castelar . Historia de las ideas estéticas en España (1883-91) son cinco tomos moi reactualizados nos que explora, compendia e reinterpreta a bibliografía existente sobre estética literaria e artística en distintas épocas da tradición cultural española.

Os 34 años, en 1890, Menéndez Pelayo comeza tres largos traballos que lle ocuparán case hasta a súa morte. Un é a publicación das Obras de Lope de Vega (1890-1902) en 13 tomos; o segundo é a Antología de poetas líricos castellanos (1890-1908), outros 13 tomos consagrados á poesía medieval salvo o derradeiro, dedicado a Juan Boscán , e que, pese o seu título, integra tamén poesía épica e didáctica, convertendo a Antoloxía nunha verdadeira Historia de la poesía castellana en la Edad Media , como a titulou ó reimprimila en 1911. O terceiro é o seu estudio sobre Orígenes de la novela , tres tomos publicados en 1905, 1907 e 1910, cun cuarto tomo póstumo onde se examinan as imitacións a que deu lugar no século XVI La Celestina . Simultaneamente, publica Antología de poetas hispano-americanos (1893-95), 4 tomos que son en realidade unha Historia de la poesía hispanoamericana como la titula al reeditala en 1911, estudio xeral de tódala poesía hispanoamericana que serviu para congraciar as excolonias coa antiga e decadente potencia peninsular, e reimprimiu en 5 tomos os seus Estudios de crítica literaria (1892-1908) e uns Ensayos de crítica filosófica (1892). Paralelamente, en 1898, foi nomeado director de la Biblioteca Nacional de Madrid.

O Consello Superior de Investigacións Científicas publicou as súas Obras completas en 1940, en 65 volumes, sen tener en conta os seus epistolarios e notas. Existe, por outra parte, unha edición en CD das súas Obras completas.

O xuízo clasicista de Marcelino Menéndez Pelayo e os seus prexuízos católicos e nacionalistas influíron para ofrecer unha imaxe da cultura española demasiado reducida a un so dos seus aspectos, marcando cun selo característico os programas de literatura española dos institutos de ensino medio. Por elo excluíronse ou consideráronse pouco importantes as escritoras femininas, a literatura non madrileña, a literatura social en xeral (desde os escritos dos secesionistas hispanoamericanos como José María de Heredia ás memorias de escravos como Juan Bautista Manzano) e a literatura xudeoespañola, incluso en castelán ( Sem Tob, por exemplo) ou mourisca